1833 |
O 17 de maio nace no lugar de Froxel, na parroquia de San Tirso de
Oseiro, no Concello de Arteixo, fillo do farmacéutico compostelán Juan
Martínez Castro e da guipuscoana Concepción Murguía Egaña. A súa nai
desprazárase desde a Coruña onde residían, ó balenario de Arteixo a
repousar na fin do embrazo e o parto xurdiu de imprevisto. |
1838 |
Trasládase coa familia a Compostela ó nº1 do Cantón de San Benito |
1843 |
Mal estudiante, ten un preceptor que lle dá clases de Latín e
Humanidades |
1846 |
Asiste con trece anos e moi en directo –houbera combates onda a súa
casa- ós disturbios producidos polo levantamento de 1846, -con
partipación provincialista- e que dará lugar ós fusilamentos dos
Mártires de Carral. |
1847 |
O 26 de abirl fúndase o "Liceo de la Juventud", centro de
reunión da mocidade progresista compsotelana, onde participará
constantemente |
1850 |
Obtén o grao de Bacharel en Filosofía.
Escribe a súa primeira novela Desde el cielo.
Comeza a facer acopio de datos sobre a Historia de Galicia. |
1851 |
Matricúlase no Preparatorio de Medicina e Farmacia, que axiña
abandona, dando por rematados os seus estudios oficiais. |
1852 |
Publica en Vigo La primera luz, libro de lectura para as escolas
de Galicia.
Publica como creador narrativo La Virgen de la Servilleta e Luísa |
1853 |
Marcha vivir a Madrid e comeza a colaborar e moitas publicacións
periódicas: La Iberia, La crónica de Ambos mundos, El Museo
Universal, Las Novedades, El Corrreo Universitario, etc. e a
participar das súas tertulias e vida cultural. Entre elas, á de Carmen
Lugín.
Publica no campo da narrativa: Un can-can de mussard e Un
artista |
1854 |
Publica en Madrid a novela Desde el cielo, de moito éxito: oito
reedicións nun ano.
Escribe o seu primeiro texto galego, tres seguidillas de bordón,
tituladas "Nena das soledades" |
1855 |
Publica en Madrid El regalo de boda.
Benito Vicetto pon en marcha en Coruña El Clamor de Galicia e
inicia unha relación epistolar con Murguía a quen quere incorporar ó
seu xornal. A mala impresión sentida por Vicetto cando o coñece, impide
continuar coa idea. Desde ese momento manterán unha fonda inimizade. |
1856 |
Publica en Madrid Mi madre Antonia
Colabora en La Oliva xornal vigués onde comeza a
reinvindicación civica dos mártires de Carral.
Celébrase o Banquete de Conxo (6 de marzo).
Desde abril, Rosalía Castro vivirá en Madrid, na rúa da Ballesta, na
casa da súa prima Carme Lugín.
O 28 de setembro escribe en El defensor de Galicia "La hora
de la regeneración de Galicia ha sonado ya (..) ¡No desmayemos en el
camino; si el pasado ha sido de otros, el provenir es nuestro!" |
1857 |
Publica en Madrid El ángel de la muerte
A moza de vinte anos Rosalía Castro vén de dar á luz en Madrid o seu
primeiro poemario La flor e Manuel Murguía faille, o 12 de maio,
unha crítica gabanciosa no xornal La Iberia. Entran en contacto ou
estreitan o que tiñan. |
1858 |
O 10 de outubro na igrexa de San Ildefonso de Madrid casa con Rosalía
Castro |
1859 |
Trasládase a Coruña onde dirixe El Diario de La Coruña
O 12 de maio nace a súa primeira filla, Alexandra.
Publica don Diego Gelmírez e La mujer de fuego |
1860 |
Por Real Orde do 26 de abril, o seu libro La primera luz, que
aparece coa aclaración Contiene veintisiete lecciones sobre geografía
e historia, y biografías de los más distinguidos hijos de este antiguo
reino acomodadas a la sencilla inteligencia de los niños, pasa a ser
declarado texto para as escolas infantís de Galicia. |
1861 |
Celébranse os Juegos Florales na Coruña, coa participación de
Murguía en condición de poeta.
Abandona a creación literaria e vírase totalmente ó mundo da
investigación histórica:
publica neste ano: De las guerras de Galicia en el siglo XV y de su
verdadero carácter |
1862 |
Publícase o Album de la Caridad, onde aparecen dúas
composicións de Murguía.
Comeza o seu Diccionario de Escritores Gallegos
O vintecatro de xullo mórrelle a sogra. |
1863 |
A súa dona Rosalía publica o poemario A mi madre e asina a
dedicatoria do libro Cantares Gallegos a Fernán Caballero na mesma
data en que o seu home cumpre trinta anos. |
1865 |
Publica Efemérides de Galicia
Publica o primeiro tomo de Historia de Galicia precedido dun
"Discurso preliminar" e unhas "Consideraciones
Generales" que forman as bases do corpus teórico no que se asenta a
súa concepción de Galicia. |
1866 |
Publícase o segundo volume da Historia de Galicia |
1868 |
Forma parte do Comité Progresista de Santiago.
O 7 de decembro nace a súa segunda filla (nove anos despois da
primeira) en Santiago.
Ingresa o 27 de decembro no corpo de Arquiveiros e é destinado a
Simancas. |
1870 |
Trasládase á Coruña ó ser nomeado Director do Arquivo Histórico de
Galicia |
1871 |
O 2 de xullo nacen en Lestrove os seus fillos xemeos Gala (a mais
lonxeva) e Ovidio. |
1873 |
O 17 de xullo na Coruña a súa filla Amara. |
1875 |
As autoridades da restaruación césano como director do Arquivo
Histórico de Galicia, polo que se ve obrigado a volver ó xornalismo.
O 20 de marzo nace o seu fillo Adriano Hornorato. |
1876 |
O 4 de novembro morre o seu primeiro varón Adriano nun horrible
accidente doméstico: caeulles dunha mesa. |
1877 |
O 14 de febreiro nácelle morta unha filla. |
1878 |
Participa no lanzamento da revista quincenal La ilustración de
Galicia y Asturias que axiña fracasa e renace como La ilustración
gallega y asturiana. Para dirixila, Murguía hase trasladar de novo a
Madrid.
Na época da Ilustración, entra en contacto cos núcleos emigrados
emerxentes de La Habana. |
1880 |
A súa dona Rosalía publica Follas Novas e declara nunca máis
volver a publicar en galego. Aínda que non aclara o motivo, si o explica
nalgunha carta privada: a inxusticia que con ela cometeron ó non
incluíla nun repertorio de escritores galegos. |
1882 |
Publica Estudios sobre la propedad territorial en Galicia. El foro.
Sus orígenes, su hsstoria y sus condicionamientos. |
1885 |
Volve a Galicia e publica na Coruña Los precursores libro que
inaugura a Biblioteca Gallega de La Voz de Galicia.
A súa dona Rosalía publica En las orillas del Sar e o 16 de
xullo, longo dunha longa e penosa enfermidade, morre. Igual que fora
impulsor en vida da súa obra, será defensor e polemista no seu favor
logo da súa morte.
Con moito prestixio intelectual e sen case recursos económicos, A Sociedad
Económica de Amigos del País propón que sexa nomeado "Cronista
Oficial del Reino de Galicia", cousa que se logra e para o que fan as
súas achegas económicas as deputacións galegas –agás Lugo que se
negou- e o Centro Galego da Habana. Rexeita a axuda do Concello de
Santiago para non substraer recursos á eduación dos nenos probres da
cidade e por non ser nacido dela. |
1886 |
Preside o Certamen Literario Musical organizado polo xornal
pontevedrés O Galiciano e que será o primeiro no que tódalas
composicións e traballos se presentasen en galego. Inicia unha polémica
na prensa ó afirmar no Certame que "las lenguas son las verdaderas
banderas nacionales: llevan sus propios colores. Conservemos la nuestra y
peleemos en su nombre y a su sombra".
O 1 de agosto comeza baixo a súa dirección o xornal La Región
Gallega. Diario político independiente de intereses materiailes y morales
de Galicia . O seu primeiro artigo reivindicador da nacionanlidade
galega "¿Que es nación? situarao de novo no centro dunha polémica
de prensa. |
1888 |
Publica en Barcelona Galicia
Publica na Coruña o tomo 3 da súa Historia de Galicia
Sostén unha sonada polémica con Sánchez Moguel en defensa da
fundamentación histórica da nacionalidade galega. |
1889 |
Publica El regionalismo gallego |
1890 |
Convidado ós xogos florais de Barcelona pronuncia o discurso Orígenes
y desarrollo del regionalismo en Galicia |
1891 |
O 30 de marzo sae á luz, baixo a dirección de Murguía, o órgano
oficial da Asociación Regionalista, La Patria Gallega
Os días 26 e 27 de maio ten lugar a traslación dos restos de Rosalía
desde o cemiterio da Adina ó Panteón de Galegos Ilustres.
O día 24 de xuño celébranse os Xogos Florais de Tui nos se
pronunciaron os primeiros discursos en galego da historia contemporánea.
Falaron o Bispo Lago González, Cabeza de León como secretario, Alfredo
Brañas como mantedor e Manuel Murguía como Presidente. O interesante
discurso de Murguía supón un compendio do seu pensamento históricista e
reivindicador. |
1892 |
Murguía consegue o reingreso no Corpo de Arquiveiros e resulta
destinado á Biblioteca da Universidade de Santiago. |
1894 |
É trasladado ó Arquivo da Delegación de Facendo da Coruña onde
permanecerá ata a súa xubilación. |
1895 |
Publica o seu libro En prosa |
1896 |
Polémica con Juan Valera en defensa da lingua galega.
Polémica con Emilia Pardo Bazán |
1897 |
Fúndase na Coruña,baixo a súa presidencia, a rexionalista e liberal Liga
Gallega |
1897 |
Brañas funda en Santiago a Liga Gallega de Santiago e trata de
pór o potencial rexionalista ó servicio do carlismo, o que axiña
provoca o rechazo da Liga de Coruña e o esmorecemento deste como
forza política |
1898 |
Murguía reclúese na actividade cultural na "Cova Céltica"
–tertulia da librería de Eugenio Carré na Coruña- xunto cos seus
amigos e discípulos.
Publica un novo traballo sobre Xelmírez |
1905 |
Xubílase, sen soldo.
Publica "Los trobadores gallegos"
Publica un artigo na revista La Temporada de Mondariz a favor da
constitución dunha Academia da Lingua, e, logo do entusiasta apoio de
Curros e Fontenla Leal en Cuba que organizan unha Asociación
Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, materializa a
constitución da mesma. |
1906 |
O 20 de maio sae á luz o primeiro número do Boletín de la Real
Academia Gallega
O 25 de agosto adquire esta o título de "Real" e o 30 de
setembro tivo lugar a sesión inaugural. É nomeado Arquiveiro da
Deputación da Coruña |
1907-1908 |
Aparece a súa firma ocasionalmente na revista A nosa Terra,
órgano dos novos rexionalistas de Solidaridad Gallega, pero xa se
mantén á marxe de case todo tipo de actividade |
1913 |
O 17 de maio réndeselle unha homenaxe na Coruña con motivo do seu
oitenta aniversario, á cal se suman moitos intelectuais de España,
Portugal e Europa. |
1916 |
Fúndanse as Irmandades da Fala ás que non se suma orgánicamente,
aínda que é recoñecido unanimemente como "O Patriarca". |
1923 |
O 1 de febreiro morre na cidade da Coruña. |