BlancoAmor.JPG (5537 bytes)

Eduardo Blanco Amor

Principal Retratos de Blanco Amor Fotos Tiradas por BA
O Equipo de Potenciación do Galego e o Departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Asgalego.gif (1982 bytes)
Eduardo Blanco Amor, coñecido sobre todo por un seu dominio da palabra que nolo sitúa como un dos máis grandes escritores do século XX, tamén foi un grande amante da fotografía.

Tanto desde detrás da cámara –tratou de captar imaxes trascendentes de grandes momentos e pequenas realidades cotiás das súas múltiples viaxes- como diante dela.

Recreábase coa súa imaxe tanto como lle gustaba escoitar a súa propia palabra, afectos ambos imprescindibles en quen tivo que prescindir de outros moitos, porque Blanco Amor sempre foi un "outsider", un intelectual incómodo para os sistemas establecidos e como tal foi, en moitas ocasións, un home en soidade.

A colección fotográfica que hoxe presentamos baséase nas Exposicións "Blanco Amor fotógrafo" e "O fillo da florista" organizadas ambas polo Clube Alexandre Bóveda de Ourense en 1992 e 1997 con motivo de serlle adicada a data das Letras Galegas na primeira das datas e de cumprise o centenario do seu nacemento na segunda.

Daquela, as fotos que presentamos divídense en dous grandes grupos:

Archivoanimado.gif (5459 bytes)  Retratos de Eduardo Blanco Amor
Archivoanimado.gif (5459 bytes)  Fotos tiradas por Eduarado Blanco Amor.

Os fondos fotográficos están integrados na súa totalidade no Arquivo Blanco Amor da Biblioteca da Deputación de Ourense, a quen agradecémo-la súa colaboración.

Esta exposición virtual é complementaria da física que cos fondos de "Blanco Amor fotógrafo" se expón no noso centro desde o día 12 de decembro de 1997.

linea1.gif (8138 bytes)

 

Principal EDUARDO BLANCO AMOR Pergamiño Vindel Letras Galegas 98 Letras Galegas 2000
©IES. as LagoasMailF192.gif (4196 bytes) .Elaborado por A.V. Monxardín MailF192.gif (4196 bytes) e V. Santos MailF192.gif (4196 bytes)

This page hosted by Get your own Free Home Page Última actualización 05/01/00