 |
 |
UN FEIXE DE RESPOSTAS SIMPLES A PREGUNTAS SIMPLES
SOBRE A LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA
(OU O MÍNIMOQUE HAI QUE SABER PARA
NON FACE-LO PARVO ANTE AS LETRAS GALEGAS DE 1998)
|

I ¿QUE
É A LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA?
Chamamos lírica galego-portuguesa a un conxunto dunhas 1.685
cancións de temática profana e unhas 420 de tema relixioso, escritas no idioma máis
occidental da península, o galego-portugués, antes da súa separación en dúas linguas
distintas, por uns douscentos trobadores, nun período que vai desde as fins do século
XII ata mediados do XIV.
Como non podía ser doutro xeito -estamos falando de cousas de hai
moitos séculos- a orixe da lírica galego-portuguesa é discutida, pero a lóxica apunta
a que a razóns estea na combinación de varias teses. Influencia folclórica -tódolos
pobos do mundo cantan antes de escribir- influencia eclesiástica -o canto ten importancia
en tódalas relixións-, influencia árabe -sabido é que a música árabe estaba moi
desenvolvida, e mesmo ela é a que fai agromar á carxas ou jarchas escritas na fala
mozárabe uns cen anos antes, etc.
O que si está claro é que se colleron corpo como escritas é por
influencia chegada de Provenza -a costa mediterránea de Francia-. O trobadorismo
provenzal está pois non só na orixe da moda de escribir cancións daquela
"modernas" -provenzalitantes- senón tamén de recoller composicións anteriores
e escribir conforme ós patróns máis tradicionais.
A lírica medieval galego-portuguesa é unha das grandes líricas
neolatinas na Idade Media xunto coas italiana, castelá, francesa, provenzal e catalana.


II ¿POR QUE SABEMOS QUE EXISTIU?
Sabemos que existiu porque á parte de noticas indirectas,
conservamos varios textos de diversas orixes:
Por unha banda, o interese no mundo da cultura no Renacemento
italiano, fixo que desde a corte portuguesa se enviasen, xa nos finais da idade media,
recompilacións da lírica profana galega ós Papas e nobres humanistas italianos que
devecían por eles. Por iso, dos tres grandes códices que hoxe se conservan, dous son
desta orixe: O Cancioneiro da Vaticana e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de
Lisboa -antes Colocci-Brancutti, ata a súa compra polo estado portugués en 1928. O
outro, o Cancioneiro de Ajuda, parece que foi elaborado na corte de Afonso X o
Sabio, só recolle cantigas de amor e, como único cancioneiro da época trobadoresca, é
o máis fiable nas súas versións.
Tamén existe outro códice menor, o "Cancioneiro dun
Grande dHespanha" -copia serodia do da Vaticana feita en Italia e adquirida
en 1983 pola Universidade estadounidense de Berkeley ó dispor do público na
Bancroft Library. Como a maioría dos cancioneiros son copias de copias de copias feitas
por amanuenses italianos que non entendían o que alí puña, existen abondosas
diferencias entre eles, daquela os especialistas deben reconstruír a forma orixinal da
cantiga combinando tódalas fontes.
Por outra banda, coñecemos un texto -o Pergamiño Vindel-
que é unha "folla volante" con notación musical e textual. Unha especie de
partitura que levaría consigo o xograr ou trobador para guiarse na interpretación do
texto. O tal pergamiño recolle as sete cantigas de Martín Codax -un dos poetas ós que
se lle adica o Día das Letras do 98- e está hoxe, logo de moitas voltas e reviravoltas,
na Pierpoint Morgan Library de Nova York.
Das Cantigas de Santa María -corpus de poesía relixiosa -
conservamos catro códices de época. Un na Biblioteca Nacional -proveniente da
Catedral de Toledo, dous no Escorial, (un deles - T-j-1- con máis de 1.257
miniaturas, verdadeiro reportaxe "fotográfico" da época), outro, inacabado, na
Biblioteca Nacional de Florencia.
Se aínda non se decataron, dirémosllelo: da lírica medieval
galego-portuguesa non se conserva en Galicia absolutamente nada. Menos mal que xa hai
edicións facsímiles -carísimas, por certo- de moitos destes Cancioneiros. Pero o que si
conservamos son ducias de miles de documentos de prosa documental (entre os séculos XIII
a XVI) orixinada en concellos, cabidos, mosteiros, gremios, familias nobres, etc. Moito
valor lingüístico e histórico pero pouco literario. Xesús Ferro Couselo, o das Letras
Galegas 96, estudiara a documentación do concello de Ourense.


III ¿CANDO SE DESENVOLVE?
Desenvólvese a lírica medieval galego-portuguesa entre finais do
XII e segunda metade do XIV. O período de esplendor coincide primeiro co reinado de
Afonso X en Castela (1252-1284) e Afonso III en Portugal (1248-1279) e logo co de Don
Dinís en Portugal (1279-1325).
É máis ou menos o tempo da construcción románicas e góticas
de catedrais, igrexas e conventos. O camiño de Santiago, o Códice Calixtino, Xelmirez,
Cluny, o Císter, os Reis relacionados con Galicia... Unha época expansiva na que tamén
houbo sitio para a cultura.


IV ¿ERA MOI DISTINTA A SÚA LINGUA
DA DE HOXE?
Como pasaron uns setecentos ou oitocentos anos desde que se
escribiron eses poemas, ás veces, a lingua presenta algunha dificultade, pero menos das
que se podían pensar. Existen bastantes achegas de vocabulario desde a Provenza -sur de
Francia- porque de alí tamén veu a moda de trobar. Unhas permaneceron entre nós para
sempre (gabar, mesura, liñaxe...) pero outras desapareceron (prez, sen, nullo, pram, )
Como a maioría dos textos son coñecidos por compilacións orixinalmente portuguesas,
naquela corte regularizaron grafías (lh, nh, -m, -ão) conforme á súa moda, pero que
nos textos máis antigos, ou máis "galegos" -como as Cantigas de Santa María,
o pergamiño Vindel e o Cancioneiro de Ajuda- nunca aparecen.
A pronuncia sería algo distinta á estándar de hoxe. Bastante
achegada á da Limia Baixa en Entrimo ou Lobios. Chamaríannos sobre todo a atención
algunhas consoantes sonoras e algunhas vocais nasais. A conxugación dos verbos, o sistema
dos pronomes, o léxico, etc. achegarían máis aquela fala ó galego ca ó portugués
actual.


V ¿POR QUE TERRAS SE CANTABA?
Os trobadores movíanse polas cortes nobiliares e reais de
Portugal e Castela (non esquezamos grande parte dos reis e nobres desta corte se criaron
en terras galegas ata case finais do século XIII). Existen continuas referencias
toponímicas a moitas partes de Galicia -Vigo, Cangas, San Simón, Ourense, Lugo,
Xinzo...- de Portugal -Porto, Lisboa...- pero tamén a zonas de fala non galega
-"Badallouce", Carrión, "Ovedo", "Valenza",
"Aguadalquivir", Granada, Marsella, Roma, Jerusalem, etc. Era unha forma de ver
o mundo e de estar nel desde a lingua galego-portuguesa. Houbo mesmo trobadores non só
casteláns, senón franceses ou italianos que trobaron en galego, lingua de moda na
época. ¿Non cantan The Killer Barbies en inglés e son de Vigo? ¿Non canta Plácido
Domingo en italiano e é de...? ¿De onde?


VI ¿COMO SE CANTABA?VI ¿COMO SE CANTABA?
As composicións que coñecemos non son poemas para ler, senón para
escoitar: son letras de cantigas, de aí o seu nome. Cantábase nas cortes dos
reis e dos nobres e, tamén nas romarías e festas populares. Cada unha no seu
contexto e algunhas en todos. En moitas das composicións, sobre todo nas de sabor máis
tradicional, existía un estribillo (refrán) que sería cantado por un coro ou
pode que repetido polo público. Sempre había acompañamento musical. Coñecemos a
música das Cantigas de Santa María e das de Martín Codax pola notación musical que
os especialistas entenden -non é o pentagrama actual- e que interpretan hoxe os grupos de
cámara ou de música culta. Chapeau, o da Universidade de Santiago.


VII ¿QUEN TROBABA?VII ¿QUEN TROBABA?
Hoxe non é o mesmo unha charanga ca un cantante de ópera.
Daquela non era o mesmo un trobador -clase e cultura elevada, composicións máis
elaboradas, con mestría- ca un xograr (simple intérprete asalariado de cancións
alleas, que ás veces ousaba facer versións ou mesmo compor cancións propias, moitas
veces humorísticas, aproveitando melodías coñecidas do público). No medio de entrambos
grupos existían os segreis, baixa nobreza vida a menos que vivía da xenerosidade
allea coa súa arte. Viaxaban con frecuencia e mesmo cambiaban de corte en función de
problemas políticos. Moi importantes, sobre todo como inspiradoras de temas de escarnio e
maldicer, son tamén as soldadeiras, mulleres da farándula que vivían ó redor
dos xograres, segreis e trobadores, cambiando o amigo con frecuencia. Os músicos
chamábanse menestreis.


VIII ¿QUE TIPOS DE COMPOSICIÓNS FACÍAN?VIII ¿QUE TIPOS DE COMPOSICIÓNS FACÍAN?
Ana Kiro e os Heredeiros da Crus, non son o mesmo, inda que
utilicen a mesma lingua. Tampouco en época medieval era todo igual. Existían daquela
tres xéneros principais, e outros menores:
Cantigas de Amigo: cancións postas en boca de muller -pero
sempre escritas por home, que as mulleres aínda non escribían- que fala sobre o amado;
curtas, tradicionais, antigas, autóctonas, estáticas, repetitivas, naturais, amor
realizable e realizado, efectivo, alegre, o mar, a fonte, a festa, o amigo, a irmá...Cantigas de Amigo: cancións postas en boca de muller -pero
sempre escritas por home, que as mulleres aínda non escribían- que fala sobre o amado;
curtas, tradicionais, antigas, autóctonas, estáticas, repetitivas, naturais, amor
realizable e realizado, efectivo, alegre, o mar, a fonte, a festa, o amigo, a irmá...
Cantigas de Amor: cancións de orixe provenzal nas que un
home gaba a unha muller distante; artificiosas, máis longas, menos repetitivas, máis
complicadas sicoloxicamente, amor sempre platónico, nunca correspondido, irrealizable,
volverse louco, morrer de amor...Cantigas de Amor: cancións de orixe provenzal nas que un
home gaba a unha muller distante; artificiosas, máis longas, menos repetitivas, máis
complicadas sicoloxicamente, amor sempre platónico, nunca correspondido, irrealizable,
volverse louco, morrer de amor...
Cantigas de Escarnio e Maldicir: cancións satíricas -como
as coplas dos maios- máis ou menos fortes e directas, sobre todo tipo de temática
-cregos, monxas, tipos sociais, persoas concretas, política, sexo...- ; amplo
vocabulario, importante valor como documentos para a historia social, política e de
mentalidades, á parte do lingüístico e literario, claro está. Hai algunhas tan
sumamente soeces -tipo cine X- que estiveron sen estudiar moito tempo. Carolina Michäelis
de Vasconcelos, unha portuguesa que as coñeceu a principios de século definiunas como "a
cloaca moral dos nosos cancioneiros". Cantigas de Escarnio e Maldicir: cancións satíricas -como
as coplas dos maios- máis ou menos fortes e directas, sobre todo tipo de temática
-cregos, monxas, tipos sociais, persoas concretas, política, sexo...- ; amplo
vocabulario, importante valor como documentos para a historia social, política e de
mentalidades, á parte do lingüístico e literario, claro está. Hai algunhas tan
sumamente soeces -tipo cine X- que estiveron sen estudiar moito tempo. Carolina Michäelis
de Vasconcelos, unha portuguesa que as coñeceu a principios de século definiunas como "a
cloaca moral dos nosos cancioneiros".
Pastorelas (encontro de pastora e cabaleiro, como a
serranilla do castelán). Pastorelas (encontro de pastora e cabaleiro, como a
serranilla do castelán). Pastorelas (encontro de pastora e cabaleiro, como a
serranilla do castelán).
Albas (despedida dos namorados ó mencer). Albas (despedida dos namorados ó mencer). Albas (despedida dos namorados ó mencer).
Prantos (gabanza dun rei ou nobre mortos; moitas veces por
agradecemento pero tamén para para quedar a ben cos herdeiros e asegurar a continuación
na Corte). Prantos (gabanza dun rei ou nobre mortos; moitas veces por
agradecemento pero tamén para para quedar a ben cos herdeiros e asegurar a continuación
na Corte). Prantos (gabanza dun rei ou nobre mortos; moitas veces por
agradecemento pero tamén para para quedar a ben cos herdeiros e asegurar a continuación
na Corte).


IX ¿POR QUE DESAPARECEU?IX ¿POR QUE DESAPARECEU?
A lírica galego-portuguesa vai esmorecendo desde mediados do XIV
porque cambia a sociedade.Son malos tempos para a lírica. Xa non é a vida palacega
tranquila e diletante de antes. A teima na finalización da reconquista -tan lonxe de
nós- dirixe á épica o interese en Castela; a paixón polo practicismo dos coñecementos
nun Portugal envorcado ó océano e a inexistencia dunha corte en Galicia, van axudar
tamén a que as novas modas deixen progresivamente de lado ós vellos xoglares que
cantaban historias que a ninguén interesaban xa. Ademais as novas clases urbanas non
compartían tampouco o gusto por aquelas "cousas de sabor antigo" de señores e
amoríos.
O éxito do Quixote non é alleo á ironía sobre uns gustos
ancorados no pasado que o fixeron tolear. O noso "quixote" chamouse Macías o
Namorado e disque morreu de amor cando xa diso non se morría.


X ¿COMO DESAPARECEU?X ¿COMO DESAPARECEU?
Este esvaemento foi progresivo. Os trobadores que antes só
escribían en galego, sobre todo desde finais do XIV, comezan a facer composicións nun
castelán que cada vez ocupará máis parte das súas obras. De 1445 é o Cancioneiro
de Baena que reune moitas das composicións deste tránsito no que vén sendo
coñecido como Escola Galego-Castelá, por utilizaren os trobadores ambas linguas.
Se temos en conta que o uso do galego seguiu sendo xeneralizado en
toda a documentación ata 1480 e esporádico ó longo do primeiro cuarto do século XVI,
decatámonos que a moda literaria do trobadorismo foi esmorecendo case un século antes do
abandono puramente instrumental da lingua.


|