O Reino de Galiza

 

Para falar do Reino de Galiza primeiro debemos ter unha imaxe do que supoñia a Gallaecia da baixa idade média. Territorialmente comprendía non soio o que hoxe conocemos como Galiza, que ven correspondendo a unha parte das tres ou conventos nas que se dividía, é decir, tiña a extensión da provincia romana cos engadidos que fixeran os Suevos, así estaba formada por tres "Conventu", o Asturicense, ca sua sé en Astorga, o Bracarense, ca sua sé en Braga e o Lucense, ca sua sé en Lugo e que hoxe acolle a actual Galiza. O Establecemento dunha nova monarquía logo da liquidación da visigoda a mans dos musulmáns faise na Gallaecia, e é reconocida nos documentos non soio da época senón que até ben entrada a idade média como Reino de Galiza, non como Reino de Asturias, invención da historiografia española moito máis ao seu xeito e conveniencia que a realidade, ainda que a sé diste reino estivera en Ovieu, que se explica pola forza que tiñan as familias nobles de Galiza, o cal aconsellaba levar a capital fora das suas influencias, naquel momento ainda non se crearan grandes diferéncias entre os tres conventos que poidera dar lugar a isa "idependéncia" dunha das suas partes.

Logo da conquista do reino visigodo polos musulmáns, na Gallaecia iniciase un proceso de creación dun novo estado que non se pode considerar consolidado até o reinado de Afonso II (792-842) na que se grea a sé apostólica e Santiago que ven a reforzar o peso da monarquía. Outro feito imortante será a sucesión de Ramiro I que reacera no seu fillo Ordoño I, quedando así establecida a sucesión hereditaría da coroa entroques da elección herdada da tradición xermánica.

A ampliación do reino, en especial apartires do reinado de Afonso III marca ocomenzo das divisións entre os diferentes conventos, en especial logo da muda da corte cara a León e da reducción do nome de Gallaecia ao convento Lucense, actual Galiza. Á morte de Afonso III producese a primeira división da coroa, reinando Sancho Ordoñez en Galiza . De novo Ramiro II, que reinaba no convento Bracarense unificará o trono, seguindo ista tendéncia até Afonso VI quen logo de apresar ao seu irmán Garcia se fará co trono e Galiza. Isto non quere decir que desaparecese o reino a favor do Reino de León, todo o contrário, impoñendose a nobleza galega até ven entrado o século XIII no que o centro político desplazarase á meseta.

Existiron os reis e Galiza, e tamén unha "Dinastía Galega" que comenzaría con Afonso II e remataría con Vermudo III. A chegada da nova familia real non rematou ca existéncia do Reino de Galiza, de feito o Rei García de Galiza foi independente até a sua derrota por Afonso VI, quen crea os condados de Galiza e Portugal, rematando ca división basada na antigua provincia romana e que terá importantes consecuencias.

 

 

index.htm

O_Reino_Suevo.htm