Os Reis de Galiza
O
feito deque Galiza posuira ou non reixes própios pode parecer unha anécdota histórica, pero non o é. A conciencia nacional de galiza non é un feito aillado que aparecera apartires do Rexurdimento do século XIX, todo o contrário, é unha realidae que se veu forxando durante séculos de história própia apesares da represión social, económica, política, cultural e lingüística que o Estado Español aplica dende hai cincocentos anos. A usurpación da história é, por tanto, unha parte fundamental do proceso de aculturación do povo galego. O descoñecemento da nosa história supón un paso adiante para aqueles que prefiren ver a Galiza como unha sumisa rexión de chorós, queimadores de augardente, mariscos e meigas, namentras expolian a nosa economia e destruen a nosa riqueza natural deixandolle ás futuras xeracións unha terra queimada só apta para producir emigrantes.Dentro diste contexto, espallar os feitos históricos que compoñen a nosa história diferenciada convirtese nunha laboura na que temos que participar todos aqueles que nos consideremos galegos, sempre dentro das limitacións que cadanseu teña. Por iso nista páxina soio se tenta dar a coñecer unha parte da nosa história, básica para entender que iste país non é o producto da imaxinación ou antollo de políticos e intelectuais, que é un proxecto moitas veces fallido pero que algún dia, esperemos que proximo, verá a sua própia luz. Tampouco é unha páxina de investigación, iso quedalle a outros.