X.S.G.
VIVENDA
INTRODUCCIÓN
- Na actualidade, xunto co desemprego, a vivenda é o problema
máis acuciante co que nos topamos os e as xóvenes galegos,
debido á inestabilidade económica que provoca a precariedade
no emprego. A falla de perspectivas de emprego é seguida pola dificultade
para acceder a unha vivenda digna.
- Pódese decir, en termos xerais, que un/unha xoven galego/a non
pode acceder a unha vivenda porque esta pasou a ter un valor de uso a ter
un valor de troco. É dicir, o sector inmobiliario é un sector
máis onde a especulación fixa o seu punto de mira por riba
de calquera outra circunstancia.
- Todo o dito con anterioridade supón para a xuventude, habitualmente,
unha maior dependencia dos nosos proxenitores, demorándose, a meriande
parte das veces de xeito obrigado, o momento da nosa emancipación.
PERFIL E PROBLEMÁTICA DOS E DAS XÓVENES DEMANDANTES DE
VIVENDA
- Dado que existe certa variedade dos perfís dos posibles afectados,
podemos describir algúns dos perfís máis representativos
da xuventude respecto á problemática do acceso á vivenda:
XÓVENES TRABALLADORES/AS TEMPORAIS DO MEDIO RURAL
- Caracterízanse por desenrolar traballos esporádicos e
temporais, coincidentes normalmente coas épocas das colectas de
productos agrícolas. Permañecen un curto periodo de tempo,
poucos meses, en varios lugares distintos ó cabo do ano. Ofréceselles
auténticas chabolas sen condicións de habitabilidade, onde
faltan servicios sanitarios, con masificación de persoas e familias.
XÓVENES TRABALLADORES/AS DESPRAZADOS Ó MEDIO URBÁN
- As características deste perfil varían en función
da duración do seu desprazamento, prolongándose dun xeito
estable - incluso anos- en función do lugar onde o xove desenrola
o seu traballo. Ocupan vivendas en condicións precarias de habitabilidade
e a prezos excesivos. Descoñecen o mercado inmobiliario.
XÓVENES CON INTERESE DE EMANCIPARSE
- Ocorre con numerosos xóvenes que, non pertencendo a ningún
dos grupos anteriores, pretenden emanciparse dos seus pais e independizarse,
formando un novo fogar, xa sexa unipersonal, en parella ou como familia
tradicional. A independencia familiar pasaría, neste caso, por unha
primeira etapa en réxime de aluguer deica conquerir unha solvencia
económica tal que lle permita unha adquisición en propiedade.
ESTUDIANTES DESPRAZADOS
- A xuventude que estudia fora da súa localidade de residencia
vése na obriga de desprazarse a outros núcleos urbáns,
onde poden recibir a formación que demandan. Ocupan vivendas en
aluguer en condicións irregulares, con contratos precarios, moitas
veces por descoñecemento propio, chegando a perder incluso as fianzas
depositadas ó comezo do seu contrato.
OS OKUPAS
- Este colectivo, formado básicamente por xente nova, responde
a unha filosofía de vida comunitaria, emancipada e autoxestionaria,
con raíces no socialismo utópico ou no comunismo libertario.
- Caracterízanse por formalizar unha crítica radical da
nosa sociedade e dos valores que a vertebran: individualismo, mercantilismo,
etc. No eido social, os Okupas, a traverso das súas accións
de ocupación e da ‘rehabilitación’ de vivendas desocupadas,
abandonadas e sometidas á especulación urbanística,
están chamando a atención sobre dito problema. Na actualidade
sufren unha forte represión dende a subida ó poder da dereita.
Os problemas descritos en todo o antedito pódense resumir en:
- - Indefensión da xuventude galega ante a agresividade do mercado
inmobiliario, propiciada polo noso descoñecemento da realidade e
dos nosos dereitos como usuarios de vivendas.
- - Precariedade nas condicións das vivendas e dos aloxamentos
existentes, ante a falta de motivación da oferta.
- - Falta de compromiso das diversas administracións e institucións
ante a nosa problemática arredor da vivenda.
AS NOSAS PROPOSTAS
Para tentar poñer remedio a estas circunstancias, Xuventudes
Socialistas de Galicia propón o seguinte:
- MEDIDAS DE CARÁCTER XERAL
- Loita contra a indefensión: Intervención directa das
administracións e axentes sociais implicados -sindicatos, organizacións
xuvenís, asociacións de consumidores, etc.- co fin de velar
polos dereitos dos xóvenes de acceso á vivenda.
- Concienciación do colectivo xuvenil na esixencia dos seus propios
dereitos como usuarios e consumidores. Evita-la precariedade nas condicións
das vivendas e dos aloxamentos existentes: Motivando ós distintos
axentes e administracións implicados -privados ou públicos-,
sensibilizándoos coa problemática concreta, de xeito que
a oferta se adecúe ás nosas necesidades e dispoñibilidades
reais.
- Participación activa no control e seguimento das ofertas de
aloxamento polos axentes correspondentes (Xunta, universidade, concellos,
organizacións xuvenís, sindicatos, etc.)
- Compromiso por parte das distintas administracións galegas para
o seguinte: Deseño de programas específicos para a xuventude,
xa sexan promovidos polas diferentes administracións ou por operadores
privados, garantizando unha demanda adecuada que regule o mercado inmobiliario.
- É necesario, xunto coa política de vivenda, ó
xuízo de Xuventudes Socialistas de Galicia, unha política
de CHAN, baseada en:
- Garanti-la oferta do chan para vivendas de protección oficial.
- Revaloriza-las áreas marxinadas.
- Asegura-lo mercado cunha oferta constante a longo prazo.
- Articular mecanismos e instrumentos para loitar contra a especulación
do chan e obrigar a que os terreos improductivos e abandonados poidan ser
expropiados a instancias municipais ou petición cidadán,
acompañando medidas fiscais que graven a non construcción.
- PROPOSTAS E LIÑAS DE ACTUACIÓN EN TORNO Á VIVENDA
XOVEN
- Propostas:
- - Autoconstrucción. Xuventudes Socialistas de Galicia demanda
novos programas de autoconstrucción, especialmente apropiados ás
condicións da demanda xoven de vivenda, como poderían ser
aqueles aplicados a crear vivendas ampliables a partir dun núcleo
básico, ou ben aqueloutros nos que, partindo da edificación
executada polos profesionais nas primeiras fases das obras, incorporan
ó autoconstructor nas fases finais -máis asequibles-, permitindo
a toma de decisións sobre calidades e deseño interior.
- - Infravivenda e marxinación. A organización xuvenil
do P.S.deG. cre necesario prestar atención ó fenómeno
da ‘OKUPACION’, presentándoo como unha consecuencia do problema
social.
- - Desenvolvemento dun extenso e profundo traballo social que serva
de estímulo deste colectivo. É necesario potencia-lo asociacionismo
e a participación e facilita-la convivencia e a integración
social.
- - Potenciación das cooperativas de vivendas xuvenís.
A cooperativa é de extraordinario interese no eido das vivendas
para a xuventude, na medida en que supoñen a creación de
entidades privadas de interese colectivo en función da mediación
social.
- - As cooperativas de vivendas teñen como fin último a
adquisición da vivenda en propiedade. Cabería o caso de cooperativas
de vivendas xuvenís -a traverso de fórmulas mixtas- que permitisen
a compra e arrendamento na mesma actuación. Neste senso, o problema
fundamental é a financiación, establecéndose, obviamente,
fórmulas de apoio.
- - Apoiamos a non concentración en áreas localizadas de
vivendas de protección. Apostamos por integrar estas vivendas por
toda paisaxe urbá, para evita-la creación de zonas marxinais.
- - Aparte da construcción de V.P.O.s, a Xunta debe dispoñer
dunha rede de pisos non concertados para o aluguer.
- Liñas de actuación:
- Promoción de apartamentos para a xuventude en réxime
de aluguer, desenrolando a oferta existente de promoción pública.
- Estímulo e promoción de cooperativas xuvenís de
vivendas tanto en venda como en aluguer.
- Programas de autoconstrucción de vivendas.
- Promoción e potenciación das redes de albergues xuvenís
como medio de aloxamento de xóvenes e traballadores/as desprazados/as.
- Regulamento dun marco específico de deseño e financiamento
para propostas de aloxamento de xóvenes estudantes e traballadores/as
desplazados/as, que incentive actuacións máis acordes coa
demanda específicamente xoven.
- Creación dunha Bolsa de Aloxamento, co fin de intermediar entre
os xóvenes e o mercado libre de aluguer.
- Artellamento de sistemas de financiación flexibles. Créditos
brandos. Fórmulas mixtas de financiamento -Administracións
e entidades locais, institucións e xóvenes demandantes de
vivenda-, para a compra ou aluguer. Mesmo adecuar sistemas de protección
para o arrendador por parte das distintas administracións públicas
no caso de aluguer de vivendas a xóvenes.
- Recolle-la área de vivenda como un asunto importante no apartado
de información por parte da nosa Organización Xuvenil.
Calquera suxerencia podes dirixila a: xxssg@geocities.com