X.S.G.
EMPREGO
- INTRODUCCIÓN
- A situación social da nosa Comunidade Autónoma, un dos
países menos favorecidos do Estado Español, semella ter empeorado,
segundo o balance que sobre políticas de cohesión económica
ven de realiza-la Unión Europea. Así, por exemplo, a nosa
renda per cápita no ano 1993 era do 60% da media europea, cando
dez anos antes, no ano 1983 era de un 61%.
- Neste contexto de estancamento e crise económica, os sectores
máis desfavorecidos da poboación galega, entre os que se
atopa a xuventude, sofren de xeito contundente a dureza das consecuencias
da mesma: altas cifras de desemprego, precarización do mercado laboral,
perda do poder adquisitivo, reducción dos sistemas de protección
e cobertura social... Todo isto implica a necesidade dun debate profundo
ó respecto.
- Xuventudes Socialistas de Galicia cre que, na loita por un futuro mellor
para a xuventude galega (Formación e Emprego), debemos buscar un
serio compromiso no que os poderes públicos xoguen un papel fundamental,
ó igual que os axentes sociais.
- AS NOSAS PROPOSTAS
- Todo o dito anteriormente lévanos á plasmación
das nosas propostas para as bases dunha NOVA política de Emprego
Xuvenil, cunha atención específica á mellora da protección
social, de especial importancia, para os colectivos menos favorecidos socialmente,
e no ámbito da ideoloxía socialista baseada na equidade social.
- MEDIDAS DE CARÁCTER XERAL
- Articulación de políticas de desenvolvemento rexional
que incentiven a xeneración de actividade e emprego.
- Revitalización dos principais sectores económicos da
nosa Comunidade Autónoma:
- Transformación e modernización do sector agrícola
coas seguintes medidas:
- Reconversión dos pastos, como consecuencia da caída da
cota láctea, a traverso da reforestación.
- Incentivación da producción madereira, eliminando en
todo o posible o eucalipto e repoboando con arborado autóctono.
- Estimulación do subsector da fruticultura, coa introducción
de novas variedades ademais do Kiwi e o Mirabel.
- Estimulación do subsector da flor e da producción ornamental,
apoiada por canles de distribución.
- Creación das condicións óptimas para posibilita-la
comercialización dos productos hortofrutícolas e madeirables.
Presencia nas feiras do sector.
- Posta en práctica de políticas de recuperación
das rías, coas seguintes medidas:
- Articulación de medidas de protección medioambiental,
a traverso de programas de limpeza e descontaminación das mesmas.
- Racionalización da producción, introducindo novas especies
en función das características da zona xeográfica.
- Estimulación da creación de viveiros e piscifactorías,
coa explotación de novos recursos no sector pesqueiro.
- Reforzamento do tecido industrial, mellorando as infraestructuras e
a tecnoloxía, incentivando o acceso a novos mercados.
- Fomento e creación de novas P.EM.E.s.
- Balance equilibrado no desenvolvemento dos tres sectores -primario,
secundario e terciario- da economía galega.
- Promove-lo debate na sociedade sobre a idoneidade do reparto do emprego.
- PROPOSTAS EN TORNO Ó EMPREGO XUVENIL
- Articulación de diferentes medidas tendentes á redistribución
do mercado de traballo, facilitando a entrada dun maior número de
xóvenes no mercado laboral.
- Elaboración dun sistema de Protección Social para aqueles
e aquelas membros do colectivo xoven que, finalizado o período formativo,
estean en situación de desemprego. Por ex.: dereito ó salario
social, con prestacións sanitarias na Seguridade Social.
- Revisión completa das normas que regulan os diversos tipos de
contratación, eliminando aquelas fórmulas que posibiliten
as irregularidades e o fraude na contratación e que supoñan
a precarización nas condicións laborais.
- Adecuación das modalidades de contratación en aprendizaxe
e prácticas, para que sexan realmente instrumentos de preparación
para o traballo. Por ex.: mellor organización da formación
teórica, recoñecemento e certificación da formación
e profesionalidade adquiridas polo aprendiz...
- Posta en funcionamento das Iniciativas Locais de Emprego, dando resposta
ás necesidades de carácter social na comunidade local, explorando
a creación de novos "xacementos" de emprego.
- Deseño de políticas de acceso do colectivo xoven galego
ó sector agrícola, facilitando a incorporación das
novas tecnoloxías á modernización e renovación
da productividade.
- Participación dos xóvenes traballadores na planificación
e articulación das políticas tecnolóxicas das empresas.
- Intensificación das accións encamiñadas a garanti-la
igualdade entre os homes e as mulleres xóvenes traballadores, particularmente
na remuneración salarial, acceso ó emprego, protección
social, educación e formación profesional.
- O AUTOEMPREGO
- Canalización da xuventude galega desempregada cara novas fórmulas
de creación de emprego.
- Fomento da Iniciativa Xoven Empresarial. Autoemprego a través
das Sociedades Anónimas Laborais ou das cooperativas.
- Asociacións de xóvenes artesáns.
- Creación de equipos de apoio -económicos e técnicos-
ó colectivo xoven nas iniciativas de autoemprego.
- Axilización da xestión e transformación dos fondos
destinados polas diversas administracións e institucións
para a promoción do autoemprego.
- Deseño de mecanismos de seguimento dos Proxectos de Autoemprego
xa creados.
- Dende a Seguridade Social: exencións de cuotas ós autoempregados
e autónomos no seu primeiro ano de actividade. Tamén das
cuotas de teléfono, aluger, auga, etc., incluída a vivenda
se é o lugar habitual de traballo.
- Creación de axudas ós autoempregadores para a contratación
de persoal.
- Creación de viveiros empresariais: edificios de oficinas e locais
de aluger baixo e subvencionado, nas áreas de desenvolvemento industrial,
ademais de edificios de V.P.O., para o inicio da actividade profesional
e empresarial.
- Regulamento da contratación mancomunada de persoal común,
prorrateando as cargas sociais e fiscais oportunas.
- FORMACIÓN PARA O EMPREGO
- Racionalización da oferta formativa, potenciando aquelas ramas
con rentabilidade social e relacionadas co entorno social.
- Actualización dos programas de estudios de F.P. e universidade
para a inclusión nos seus contidos das novas perspectivas nos eidos
científico, técnico e profesional.
- Introducción da Formación Sindical nos programas de estudios
da F.P., como mecanismo de coñecemento e defensa dos dereitos laborais.
- lmplantación dun sistema único de certificacións
e homologacións que validen a experiencia e formación profesional
adquiridos en centros de formación reglada e non reglada.
- Recuperación de antigos oficios e técnicas artesanais
entre os xóvenes, como fórmula de desenvolvemento local.
- FACENDA
- Xuventudes Socialistas de Galicia propón un troco no modelo
de Facenda Pública: Propoñemos a eliminación das taxas
sobor da creación dunha empresa. Apoiamos que a carga fiscal recaia
sobor do beneficio, non sobor da inversión. Propoñemos atacar
ás plusvalías, non ós custos de creación dunha
empresa.
- XUVENTUDE, MEDIO RURAL E EMPREGO
- En liñas xerais, X.S.G. entende que é necesario un maior
apoio por parte das administracións ós nosos agricultores
e gandeiros, en aras da definición dun modelo de desenvolvemento
sostible neses sectores que sexa tamén, evidentemente, competitivo
fronte ós nosos socios europeos.
- CONCLUSIÓNS
- Xuventudes Socialistas de Galicia entende o emprego como un instrumento
de desenvolvemento e cohesión social, non tolerando a utilización
dos mozos/as como meras pezas da cadea de producción capitalista.
Polo tanto, avogamos pola participación das e dos traballadores/as
na xestión das empresas mediante a negociación colectiva,
o cooperativismo, as sociedades anónimas laborais, etc...; sendo
o noso mellor compromiso coa xuventude galega a loita polo emprego estable.
Calquera suxerencia podes dirixila a: xxssg@geocities.com