X.S.G.


CASAS DA XUVENTUDE

Na actualidade hai moitas localidades no noso país nas que os xóvenes vagan polás rúas, debido a carencias de locais públicos específicos para eles. Cambiar esta situación suporía mudar e mellora-la vida de moitos xóvenes e, de paso, atallar algúns dos máis graves problemas que nos afectan como colectivo. As Casas da Xuventude, se reúnen uns requisitos mínimos, poden cumplir estas e outras moitas funcións. Básicamente, existen dous modelos de Casas da Xuventude. A realidade actual, sen ser uniforme, pon de manifesto a inutilidade e a falta de correspondencia entre o que son e o que deberían se-las Casas da Xuventude. Moitas delas, lonxe de ser espacios adicados ós xóvenes, desenvolven unha laboura burocrática que de ningún xeito coincide coas necesidades e reivindicacións da mocidade. Nestes casos o nome de Casa da Xuventude non responde en absoluto, no seu funcionamento, ás actividades que serían desexables para poder adecuarse a esta definición, contando cuns medios obsoletos e precarios que imposibilitan o seu funcionamento efectivo, e reducíndose o persoal a un/s funcionario/s de escasa formación ó efecto. En múltiples exemplos poderiamos observar que a esas supostas Casas da Xuventude non acode xoven ningún nin persoa menor de cincuenta anos de idade. Utilízanse, moitas delas, como casas de cultura, sen ofrecer actividades ós xóvenes ou, se o fan, dun xeito dirixista e programado. Configúrase así un xove pasivo, sen iniciativa, que tan ben servirá a certos intereses co paso dos anos. Estas mal chamadas "Casas da Xuventude" son claros expoñentes da inexistencia dunha axeitada política xuvenil por parte das institucións galegas governadas pola dereita, xa que, ata o de agora ésta, no que se refire ás Casas da Xuventude, era de tipo tutelar, sen deixar a moitos xóvenes os medios para face-la súa propia. Pola contra, nas Casas da Xuventude que os socialistas desexamos o xoven é o auténtico protagonista dun tempo libre diferente, non só realizando, senón programando e administrando as actividades e iniciativas. Estas institucións constituirían un freo ó pasotismo xuvenil que, non o esquezamos, é discordante co tipo de sociedade consciente á que nós aspiramos. As Casas da Xuventude deben converterse en espacios libres de encontro, de comunicación aberta e inconformista, e de participación e debate, entre os xóvenes. Lugares de imaxinación, creación cultural e información veraz (e incluso alternativa á que estamos a sufrir hai tempo, e dende hai meses por máis medios), onde se poñan os elementos necesarios para o emprendemento de actividades de todo tipo. Verdadeiros reductos das aspiracións características dos xóvenes e dunha nova cultura, socialista, que conteste ó ocio comercial e ó consumismo; pero, por enriba de todo, auténticas escolas de democracia. Coidamos que as Casas da Xuventude deben de se-los centros impulsores do asociacionismo xuvenil por excelencia, que as actividades que nelas se desenvolvan deben ser diversificadas e constantes, pero sempre iniciativas desburocratizadas e dos propios xóvenes.

Hai unha serie de características infraestructurais mínimas que debe reunir unha verdadeira Casa da Xuventude. Como mínimo debe contar con:

Ademáis, as Casas da Xuventude deben ter unha proxección exterior, tanto no que atingue á organización das súas actividades fóra do ámbito do edificio (coa realización, por exemplo, de viaxes e excursións) como na proxección das mesmas cara á vida cotián da comunidade que as rodea. Neste senso deben adaptarse ás características da súa vila ou cidade.

As actividades que se poden desenvolver nunha Casa da Xuventude son infinitas. Pola súa finalidade, podemos clasificalas en:

É esencial o habilitamento dos mecanismos para que a xestión de cada Casa da Xuventude sexa feita polos xóvenes e non por un conxunto de funcionarios. Esta é a característica máis importante deste segundo prototipo de Casas da Xuventude. Os modelos poden ser variados, aínda que é imprescindible a existencia duns estatutos que se adoptaran de común acordo entre a xuventude participante e a Administración e nos que se defina o réxime de funcionamento e dirección da Casa. A partires diso, o sistema de governo pode incluí-la existencia dunha asamblea de socios e dun Consello de Xestión que administre a Casa, dirixido éste por un presidente (elexido por tódolos socios de entre eles), e integrado polos representantes dos colectivos e AA.XX. que participan na Casa, en función do número de socios que engloba cada un. Asimesmo, é necesario que os presupostos das Casas da Xuventude sexan decididos polos xóvenes, co menor intervencionismo externo posible, aínda que se tente acada-lo maior grao de acordo posible coa Delegación administrativa da que dependa a institución (Xunta, Concello), co obxectivo de evitar posibles problemas. Tamén é convinte que o Consello de Xestión estableza e fixe a cuantía dunhas cuotas, equidistantes entre o meramente simbólico e unha vía de financiación alternativa ás axudas oficiais, o que contribuirá a que o Consello de Xestión, ademáis de gastar, aprenda a ingresar, responsabilizarse e dirixir unha administración integral. Segundo os bós coñecedores do tema, as Casas da Xuventude do Estado Español que funcionan a un bó nivel e constitúen paradigmas do modelo adecuado son as de Salamanca, Zaragoza e Ourense, sendo ademáis esta última (que tantos éxitos electorais deu a X.S.G.) a única en Galicia que se achega o suficiente a ese modelo, sen que elo signifique que a súa estructura sexa ideal. Elo é debido ó grao de independencia que lle gañou á Xunta, sen o que non tería alcanzado o seu correcto funcionamento. Para o cumprimento das pautas que definen o segundo modelo de Casas da Xuventude é necesaria a adopción por parte dos poderes públicos dun proxecto para a mocidade que teña como propósitos potencia-la súa participación a traverso da canalización dos recursos dispoñibles en centros que, tanto en infraestructuras como en medios humanos, permitan o desenvolvemento das actividades que os xóvenes non poden organizar actualmente; na maior parte dos casos non por falta de ideas. X.S.G. debe traballar nesa liña, e loitar contra o modelo de Casa de Xuventude primeiramente exposto, en todo o país.


Calquera suxerencia podes dirixila a: xxssg@geocities.com