¿Onde estamos?

A nosa escola está situada na Canosa, unha aldea da parroquia de Sta. Mª de Rus pertencente ó concello de Carballo, cabeza da comarca de Bergantiños, a 38 km de A Coruña e a 40 km de Santiago de Compostela.

A economía da parroquia baséase principalmente na agricultura e nas explotacións forestais, destacando Unemsa, unha das principais fábricas de madeira da provincia.

O patrimonio artístico refléxase na igrexa de Santa María de Rus,a máis importante representación da arquitectura releixiosa do Concello de Carballo. No 1606 comezou a súa construcción, rematándose no 1823. Nela predomina o estilo barroco anque tamén posúe estructuras neoclásicas.

Igrexa de Santa Mª de Rus

 

Festas da parroquia:

-O Sacramento......................................................... 14 de xuño.

-Santa María............................................................ 20 e 21 de setembro.

-Nosa Señora............................................................ 15, 16 e 17 de agosto.

-Santa Eufemia......................................................... 20 e 21 de setembro.

-San Mateo............................................................... 20 e 21 de setembro.

 

.....................Ceip Canosa Rus...........................

 

 

 

 

 

 

 

 


Este é o noso cole, no que como vedes, estamos celebrando o día da
Paz.

 

 

Volver á páxina principal