Comedor Escolar
É a nosa intención que o comedor escolar cumpla unha doble función social e educativa. Trátase de cubrir a necesidade dunha poboación moi dispersa á que non lle daría tempo a desprazarse para comer nos seus domicilios, pero tamén incidir na adquisición de hábitos sociais como: normas elementais de comportamento na mesa, forma de servir unha mesa e sobre todo hábitos alimentarios. De todo elo dase cumprida información ás familias mediante un boletín mensual que chamamos "cadernos de comedor". Teñen dereito a unha beca para o comedor aqueles alumn@s que viven a máis de 2 kilómetros do Colexio. Aqueles que, sin dereito a beca, queran utilizar o servicio de comedor, poden facelo (sempre que haxa praza) abonando a cantidade correspondente á beca : 1,7 euros diarios.. Os menús intentan combinar os gustos do alumnado cunha dieta equilibrada sen separarse moito do exiguo presuposto co que se conta. Nos últimos cursos procedeuse a unha completa renovación de cociña, campá extractora, pavimento e mobiliario, instalación dun forno por convección a vapor. Nova saída de fumes e colocación de deshumidificador.. Gustaríanos acometer proximamente a remodelación do comedor , colocádolle un falso teito que amortigüe o excesivo eco que se produce na sala.. Nos últimos tempos procedemos a incluir algunhas novidades nos menús, incorporando pratos ata agora nunca utilizados: cremas de calabacín e puerros, patacas á rioxana, rape en salsa mariñeira ...A modo de exemplo, ofrecemos a continuación un menú semanal:
LUNS | Sopa de letras-Lomo con patacas - Macedonia de froitas |
MARTES | Guisantes con xamón - Paella - Froita |
MÉRCORES | Sopa de fideo - Bacallao con patacas - Iogur |
XOVES | Potaxe- -Tortilla de patacas con ensalada - Froita |
VENRES | Sopa de peixe - Filete con patacas - Flan |