Actividades

Saídas didácticas do curso 02-03:

Concertos didácticos organizados dentro do programa “Conocer Coruña”e/ou Carballo

Outras propostas polo concello de A Coruña

Saída o entorno (Panadería...)

Saída fin de curso.

Saída a teatro en Carballo

Teatro Eina d´escola en A Coruña

Á Coruña (Aquarium)

Visita pola comarca de Bergantiños no 3º trimestre

Concertos escolares (Carballo e Santiago ou A Coruña.

visita o IES Parga Pondal

Excursión  a Lugo , Castro de Viladonga

Xornadas cine e Teatro

Saída polo entorno

Saída ó Cine (Carballo) polo Nadal os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º

Celebracións:

  • Magosto, Tradicional asado das castañas aportadas polos nenos no patio. Non faltan as manchas de tizón e algún que outro castañazo. Este ano tamén se realizaron varios murais coas aportacións dos nenos: froitos, receitas... e outro que recolle unha paisaxe de outono instalado na entrada da escola. Nesta festa como nas demais intentamos prestar especial atención á concienciación no tema da limpeza e reciclaxe coa colocación de varios contenedores de lixo, papel e latas
  • Nadal, Visita dos Reis Magos de Oriente.As Súas Maxestades atenden un por un a tódolos nenos e nenas de Infantil e 1º Ciclo, recolle as súas cartas e obsequiaos cunha bolsiña de chucherías. Eles, pola súa parte cantan algunha panxoliña. De 3º a 6º asisten a unha sesión de cine infantil no Pazo da Cultura de Carballo e chegan a tempo para recibir tamén un regaliño. Confección dun Belén xigante coa aportación de tódolos nenos con figuras de plastilina, maquetas de cartón e outros materiais.
  • Celebración do Día da Paz e a Non Violencia. Murais confeccionados por niveis e colocados nos espacios comúns con distintos temas alusivos á paz, non violencia, solidariedade...
  • Festa do Antroido. Pasarela de comparsas e cancións de antroido. Chocolatada...
  • Día da Árbore e do Medio Ambiente Plantación das árbores facilitadas polo servicio de Medio Ambiente e responsabilización do seu coidade mediante o diploma de propiedade
  • Semana das Letras. Exposicións na biblioteca, Exposición de obxectos, aparellos e instrumentos tradicionais aportados polos nenos. Exposición de fotografías e documentacións sobre os muiños existentes na zona (características, estado...)VI certame literario de Canosa Rus : Modalidades de comic, narrativa e poesía .
  • Festa de Fin de Curso e despedida alumnos de 6º

 

Volver á páxina principal

 

 

1