Intro
O obxectivo deste proxecto é facer un traductor galego-castelán-galego
que poida ser utilizado de balde.
|
Os programas do proxecto son gratuítos nun sentido amplo: Ademais que os
usuarios non teren que pagar por eles directamente, o proxecto non acepta
subvencións do estado. Deste xeito, os usuarios non o están a pagar
indirectamente.
Ademáis, a idea é que este sexa de, por e para os galego-falantes.
Se fose subvencionado, sería máis doado de facer, é certo, pero queremos
que a xente de fala galega se comprometa e colabore.
Os programas do proxecto seguen a Normativa do ILG/RAG.
Tódolos programas neste proxecto poden ser copiados libremente. A única restricción é que
soamente poden facerse programas gratuítos usando os arquivos deste proxecto
Na seguinte táboa amosámo-las novidades do proxecto:
Datas |
Novidades |
17/04/99 |
Versión 0.5: Xa temos na base de datos 4029 verbos, 7628 substantivos,
1024 adxectivos e 208 nomes propios. Algúns dos problemas están arranxados.
|
01/09/98 |
Versión 0.4: O traductor pode traducir 3371 verbos, 2627 substantivos,
635 adxectivos e 28 nomes propios
|
20/06/98 |
Versión 0.3: O traductor pode traducir verbos |
20/06/98 |
Traducción do sitio |
25/05/98 |
Versión 0.2: O conxugador pode conxugar preto de 1000 verbos regulares e irregulares |
19/05/98 |
Actualización do sitio: Introducción de seccións, comezo da traducción e introducción de vocabularios |
06/05/98 |
Versión 0.1: O conxugador pode conxugar máis de 400 verbos regulares |
|
|